Recursos lingüísticos na rede [2008]

 

O funcionariado do Concello de Ferrol participou ao longo do 2008 na actividade formativa, Recursos lingüísticos na Rede.
 
Impartíronse seis obradoiros que responden aos  obxectivos de favorecer a seguridade no uso da lingua galega entre o persoal municipal así como a fornecer o persoal municipal de ferramentas informáticas que posibiliten o funcionamento autónomo en lingua galega.
 
Foron impartidos polo persoal da Sociedade Cooperativa Tagen Ata, lingua e comunicación, con ampla experiencia en obradoiros e seminarios de sociolingüística  destinados a diferentes colectivos.
 
Para o desenvolvemento destes obradoiros o Concello de Ferrol contou coa colaboración da Área de Normalización Lingüística da Deputación da Coruña