Exposición do XI Certame de Poesía e Imaxe
Quendas das visitas para a Exposición do XI Certame de Poesía a Imaxe. Curso 2010-2011.
A exposición que viaxa polos Centros de Ensino!
IX CERTAME POESÍA E IMAXE
EXPOSICIÓN ITINERANTE
2010-2011
|
Centro de ensino |
Data |
|
CEIP PAZOS
|
17 a 24 outubro
|
|
CEE TERRA DE FERROL
|
24 outubro a 7 de novembro
|
|
CEIP JUAN DE LÁNGARA
|
7 a 21 de novembro
|
|
IES CATABOIS
|
21 novembro a 5 de decembro
|
|
IES CARVALHO CALERO
|
9 a 22 de decembro
|
|
CEIP ISAAC PERAL
|
9 a 20 xaneiro
|
|
CEIP MANUEL MASDÍAS
|
23 xaneiro a 6 de febreiro
|
|
IES SATURNINO MONTOJO
|
6-17 febreiro |
|
IES FERNANDO ESQUÍO
|
23 febreiro-6 marzo |
|
CPR JESÚS MAESTRO
|
27abril-14 de maio |
|
IES FERROL VELLO
|
14 -30 maio |
11º Certame de Poesía e Imaxe En galego, sen filtro
Un ano máis chega o certame En galego, sen filtro.
Este concurso achega diferentes textos poéticos en diferentes linguas sobre os que o alumnado traballa para crear unha imaxe expresiva e creativa que acompaña aos textos poéticos.
Esta é unha actividade organizada en colaboración coa Coordenadora de Equipas de Normalización.O certame procura o achegamento á xente nova da realidade plurilingüe galega e mundial e dá conta da existencia de culturas e formas diferentes de expresión e comunicación.
Xa temos data para a entrega de premios. Será o vindeiro día 18 de maio, mércores, ás 19.00 h, no salón de actos Centro Cultural Carvalho Calero
11º Certame de Poesía e Imaxe En galego, sen filtro
Chega de novo En galego, sen filtro. Un concurso que achega diferentes textos poéticos en diferentes linguas sobre os que o alumnado traballará para crear unha imaxe expresiva e creativa que acompaña aos textos poéticos.

Esta é a listaxe das persoas seleccionadas no XI Certame Poesía e Imaxe
|
NOME E APELIDOS DO ALUMNO-A |
CENTRO ESCOLAR |
AUTOR |
IDIOMA |
|
ANDREA RODRÍGUEZ NICOLÁS |
IES C. ARENAL |
Lois Pereiro |
Galego |
|
MARÍA CAAMAÑO OZORES |
IES "S. MONTOJO" |
Lois Pereiro |
Galego |
|
SANDRA PORTO ZAPATERO |
CIFP" RODOLFO UCHA" |
Persa |
Persa |
|
LUCÍA COUCE PITA |
IES "S. MONTOJO" |
Katherine Mansfield |
Inglés |
|
CANDELA BARRO CALVO |
IES " AS TELLEIRAS" |
Mª Xosé Queizán |
Galego |
|
ADRIÁN RODRÍGUEZ NICOLÁS |
IES " SOFÍA CASANOVA" |
Manuel Rivas |
Galego |
|
DANIEL RODRÍGUEZ SOLLOSA |
IES " CANIDO" |
Joan Margal |
Catalá |
|
LOIS LÓPEZ VILA |
IES "S. MONTOJO" |
Joan Margal |
Catalá |
|
ANDREA FRAGUELA RODRÍGUEZ |
COLEXIO MERCEDARIAS |
Juan Cruz Igerabide Sarasola |
Eúscara |
|
GALA TOJEIRO CES |
IES " R. CARBALLO CALERO" |
Luis de Camoes |
Portugués |
|
RAQUEL BARRO MERLÁN |
IES"FERNANDO ESQUÍO" |
Meena |
Persa |
|
MARCOS GARCÍA POLO |
IES" PUNTA CANDIEIRA" |
Juan Cruz Igerabide Sarasola |
Eúscara |
|
NÉSTOR DA SILVA CARRO |
IES" FERROL VELLO" |
L. Wittgenstein |
Alemán |
|
CAROLINA AGULLÓ LÓPEZ |
CEIP "M. MASDÍAS" |
Katherine Mansfield |
Inglés |
|
MARTA RIVAS DÍAZ |
COLEXIO MERCEDARIAS |
Basho |
Xaponés |
|
IAGO RODRÍGUEZ CARRACEDO |
CEIP "RECIMIL" |
Álvaro Cunqueiro |
Galego |
|
LUCÍA JIAXIN LAMIGUEIRO SÁNCHEZ |
CPI " ATIOS" |
Basho |
Xaponés |
|
MANUEL PEREIRA SUEIRO |
CEIP " ISAAC PERAL" |
Joan Margal |
Catalá |
|
JAVIER CRESPO AMADO |
CEE " TERRA DE FERROL" |
Joan Margal |
Catalá |
|
ANDRÉS VILABOY NAVEIRAS |
CPI " ATIOS" |
Álvaro Cunqueiro |
Galego |
|
MIRIAM HIDALGO ROMERO |
CEIP " RECIMIL" |
Álvaro Cunqueiro |
Galego |
|
MARTA CASTRO ROMANÍ |
CEIP " ISAAC PERAL" |
Lois Pereiro |
Galego |
|
EREA VAAMONDE LÓPEZ |
COLEXIO LUDY |
Katherine Mansfield |
inglés |
|
LEANDRA LUISA DO REGO MARTÍNEZ |
CEIP " PAZOS " |
Luis de Camoes |
Portugués |
|
JUDIT GARCÍA FÁBREGAS |
COLEXIO MERCEDARIAS |
Katherine Mansfield |
Inglés |
|
DAN RIVAS NÚÑEZ |
CEIP "PAZOS" |
Basho |
Xaponés |
|
SOFÍA ALVAREZ ROCA |
COLEXIO MERCEDARIAS |
Basho |
Xaponés |
|
ALBA FREIRE CANEIRO |
CPI "ATIOS" |
Luis de Camoes |
Portugués |
|
CARLA FRAGA TESTA |
CPI "ATIOS" |
Joan Margal |
Catalá |
|
ALFONSO ROMERO SANTOS |
CEE "TERRA DE FERROL" |
Cesare Pavese |
Italiano |
Bases do XI Certame de creación artística Poesía e Imaxe
EN GALEGO, SEN FILTRO
1.- Poderá participar todo o alumnado matriculado en calquera dos centros de ensino -públicos ou privados- de Ferrol e aqueles centros que forman parte da Coordinadora de Equipas de Normalización Lingüística.
2.- As persoas participantes deberán presentar unha composición plástica orixinal en calquera destas modalidades: debuxo, pintura, colaxe ou fotografía.
3.- Para a realización da súa obra deberán escoller, como motivo de inspiración, unha (1) de entre as 15 propostas poéticas da literatura universal recollidas no anexo destas bases. O autor ou autora deberá indicar o texto seleccionado e esta autoría terá de ser individual.
4.- Niveis de participación:
- Educación Infantil
- 1º/2º/3º de educación primaria
- 4º/5º/6º de educación primaria.
- ESO
- Bacharelato e Ciclos Formativos
5.- Os centros participantes desenvolverán as súas actividades en dúas fases:
a) fase nos centros
b) fase intercentros
6.- Na fase do propio centro realizaranse actividades que relacionen o mundo da expresión poética co da expresión plástica. O centro seleccionará nesta fase unha única obra por nivel definido na base 4 para participar na fase intercentros.
7.- Os centros deberán enviar os orixinais seleccionados (unha obra por nivel definido na base 4), quer en man, quer por calquera outro medio, antes do 23 de marzo de 2011.
Os traballos seleccionados deberán enviarse a:
Equipa de Normalización Lingüística
IES Concepción Arenal
Rúa de Cuntis , 1 (15402) – Ferrol
8.- A Coordinadora de Equipas de Normalización Lingüística e o Concello de Ferrol- Concellaría de Educación nomearán un xurado que seleccionará de entre as obras presentadas para a fase intercentros un máximo de trinta (30) atendendo aos seguintes criterios:
- calidade estética
- orixinalidade
- interrelación entre a linguaxe poética e a linguaxe plástica.
9.- O xurado garantirá que cada nivel estea representado por un mínimo de cinco obras, sempre que se ateñan aos criterios do punto 8 destas bases, podendo declarar o certame total ou parcialmente deserto. A súa decisión será inapelábel.
10.- Todos os orixinais presentados na fase intercentros pasarán a ser propiedade da Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística . Os traballos editados pasarán a ser propiedade do Concello de Ferrol. O Concello de Ferrol poderá doárllelos aos centros de ensino nos que estean matriculados os/as alumnos/as seleccionados/as.
11.- Coas obras seleccionadas o Concello de Ferrol realizará unha exposición pública no mes de maio de 2011.
12.- A participación no certame implica a aceptación destas bases. A súa interpretación correspóndelle ao xurado.
Ferrol, 1 de febreiro de 2011
Poemas propostos para este 11º Certame de Poesía e Imaxe En galego, sen filtro
|
Laverquiña... Laverquiña, que te axotas das degaradas gueivotas oíndo o salvaxe berro, musa, que a mariña extrañas, olla as azules montañas ¡desde as plaias do desterro! Esquence o mar, lembra o gado miúdo, i o regalado vivir, ¡as tumbadas festas!, i as cantigas dos pastores, que fan grinaldas coas frores amareliñas das xestas. Noriega Varela: Do ermo |
A amante nunca ten dentes postizos graus no nariz pelos nas coxas gorduras nos cadrís. Á amante nunca lle inchan os ollos ao dormir. O poeta ama a perfección non te ama a ti. Es idealización mito metáfora da metáfora. De non seres perfecta como te amarían? María Xosé Queixán |
Portugués Verdes são os campos Da cor de limão Assim são os olhos Do meu coração Campo que te estendes Com verdura bela Ovelhas que nela Vosso pasto tendes De ervas vos mantendes Que traz o verão E eu das lembranças Do meu coração Luís de Camões Pregúntome cando |
|
[...] En soños defininme coma unha aparición que se abre as veas en público sentindo diante miña un firme e invisible punto final no aire. Lois Pereiro |
Por oír a unha rula decir de amor, amiga, namorado vou! Por mirar as cerdeiras como botan fror, amiga, namorado vou! Por verte e non te vere no verde prado, amiga, namorado vou! Porque non me non queres por teu namorado, amiga, namorado vou! - No vento porei este meu lume novo porque ardan as rulas, as cerdeiras e todo! Amiga, namorado vou! Álvaro Cunqueiro |
O exército do bosque Préstame, chuvia, as túas palabras e ti,vento, as ideas tan longas. Déixame o teu rezo breve, río, e ti, neve, a cortiza da bidueira. Acouga ao norte, crepúsculo de musgo. Pisadas Quebra o mundo como asa de garza. Acúdeme, lóstrego. Ponte de man, verde espada. Cúbreme, néboa. Coidémonos. Ven xente Manuel Rivas |
|
Ruso В шатре одном старик не спит; Он перед углями сидит, Согретый их последним жаром, И в поле дальнее глядит, Ночным подёрнутое паром. Его молоденькая дочь Пошла гулять в пустынном поле. Она привыкла к резвой воле, Она придёт; но вот уж ночь, И скоро месяц уж покинет Небес далёких облака, - Земфиры нет как нет; и стынет Убогий ужин старика. Но вот она; за нею следом По степи юноша спешит; Цыгану вовсе он неведом. "Отец мой, - говорит дева, - Веду я гостя; курганом за Его в пустыне я нашла И в табор на ночь зазвала. Он хочет быть как мы цыганом; Его преследует закон, Но я ему подругой буду. Его зовут Алеко - он Готов идти за мною всюду" |
Os xitanos Nunha caseta esperta un ancián, el senta diante do lume moribundo quentado pola calor que as cinzas dan e nos campos distantes mira ao lonxe onde a néboa da noite se espallou máis. El agarda o voltar da súa filla moza que polas estepas baleiras foi pasear. Ela está afeita a ter a súa liberdade alí, e vai volver, pero xa é de noite e das nubes distantes, a lúa abandonará pronto a súa estación mais de Zemfira ningún vestixio, ningún son, e a cea do vello está enfriando. Finalmente ela vén e seguíndoa a través da estepa apura un mozo a toda présa. Para o xitano é un estraño pero a filla fala abertamente: “Pai, un invitado, coñecino recentemente por tras dos montes na chaira aberta e convideino a quedar connosco. E como un xitano desexa vivir connosco pero a lei perségueo de forma implacable. Agora vou ser a súa amiga para sempre. O seu nome é Aleko e el xamais me abandonará, nin a súa fe se desviará nunca”. Aleksandr Pushkin |
Lingua Persa Son a muller que despertou. Erguinme e convertinme en tempestade entre as cinzas das miñas crianzas abrasadas. Meen |
|
Lingua Eúscara Hostoak lasai daude enbor ebakitit zintzilik. Ezin dute igerri laster zuhaitzizerdirik ez zaiela iritsiko eta egarritan lehortuko direla emeki-emeki Juan Cruz Igerabide Sarasola As follas dunha árbore talada descansan placidamente. Non poden adiviñar que, axiña, xa non lles chegará a seiva. Non poden adiviñar que murcharán coa sede lentamente. |
Lingua Xaponesa A bolboreta perfuma As ás no recendo Da orquídea. Bashō |
Italiano Ancora cadrà la pioggia sui tuoi dolci selciati, una pioggia leggera come un alito o un passo. Cesare Pavese Aínda caerá a choiva sobre as túas doces pegadas, unha choiva lixeira coma un alento ou un paso. |
|
Lingua Inglesa The Cupid child tired of the winter day wept and lamented for the skies of blue till, foolish child! he cried his eyes away- and violets grew. Katherine Mansfield O pequeno Cupido, canso dos días de inverno choraba laiándose polo triste ceo ata que, pobre neno! chorou por todos os ollos e medraron as violetas. |
Alemán Philosophische Untersuchungen / Investigacións filosóficas |
Lingua Catalana Els gegants, els gegants ara ballen , ara ballen; els gegants, els gegants ara ballen com abans. Joan Margall Os xigantes, os xigantes van bailando, van bailando; os xigantes, os xigantes van bailando coma antes. |
10º Certame de Poesía e Imaxe En galego, sen filtro
Presentación
A presentación da exposición e a entrega de agasallos aos premiados é o luns 31 de maio ás 19.00 horas no Centro cultural Carvalho Calero. O acto estará presentado polo concelleiro Manolo Santiago Pérez e Carmela Loureiro, presidenta da Coordenadora de Equipas de Normalización de Ferrolterra. As persoas premiadas recibirán unha reprodución da súa obra e un libro.
Un ano máis
Un ano máis chega o certame En galego, sen filtro. Este concurso achega diferentes textos poéticos en diferentes linguas sobre os que o alumnado traballa para crear unha imaxe expresiva e creativa que acompaña aos textos poéticos.
Esta é unha actividade organizada en colaboración coa Coordenadora de Equipas de Normalización.
O certame procura o achegamento á xente nova da realidade plurilingüe galega e mundial e dá conta da existencia de culturas e formas diferentes de expresión e comunicación.
Animamos a todo o alumnado e profesorado creativo e interactivo a participar!!
Podes descargar os poemas para a edición 2010 de Poesía e Imaxe En galego, sen filtro e tamén podes descargar as bases de participación no concurso.Concurso pechado.
Podes descargar a listaxe de centros participantes e alumnado seleccionado nesta edición.
Tamén tes dispoñibles os traballos presentados ao 10º Certame de Poesía e Imaxe.
Poesía e Imaxe En Galego, sen filtro [2009]
É unha actividade realizada en colaboración coa Coordinadora de Equipas de Normalización. Traballa sobre textos de autores e autoras de diferentes latitudes e culturas que se poñen en diálogo coa imaxe. Unha imaxe que crean as alumnas e o alumnado participante.
O certame procura o achegamento á xente nova da realidade plurilingüe galega e mundial e dá conta da existencia de culturas e formas diferentes de expresión e comunicación. Celébrase un acto público de entrega de premios e libros ao que se convida habitualmente un escritor ou escritora.
Ao longo do curso posterior, a exposición correspondente percorre os centros de ensino que a soliciten.

A gañadora deste ano foi Ángela Graña Bouzamayor co seguinte poema de Mario Benedetti
Estados de ánimo
Unhas veces síntome
como pobre outeiro
e outras coma montaña
de cumes repetidos
Unhas veces síntome
coma un acantilado
e noutras coma un ceo
azul pero lonxano.
Descarga o debuxo de Ángela Graña Bouzamayor.
Descarga os traballos gañadores do certame deste ano.
Ferrol con lingua



