Pelos na lingua
O Concello de Ferrol organiza un conxunto de actividades culturais co gallo do Día das Letras Galegas para distintas idades.
O 11 de maio de 2011, en horario lectivo, terá lugar para mozos e mozas maiores de 13 anos dos centros de ensino a representación teatral Pelos na lingua, a cargo da compañía Talía Teatro.
Pelos na lingua é unha comedia que, estruturada en sketches, fala dos usos e abusos que sofre a lingua galega e faino desde o humor e a ironía. Tras o éxito da obra Bicos con lingua como ferramenta didáctica para os centros de ensino, esta nova proposta de Talía Teatro pretende continuar con este labor, animando ao alumnado a tomar conciencia da situación actual da lingua galega, sempre co humor como forma de transmitir a mensaxe.
Dirixida por Avelino González e interpretada por Artur Trillo, Toño Casais y María Ordóñez., visitará Ferrol o 11 de maio con dúas sesións, unha ás 10.30 horas e outras ás 12.30 horas. Para inscribirse, o centro debe solicitar o número de prazas que desexe a través do correo electrónico gnl@ferrol.es. ou be no fax 881 95 46 94. Na solicitude debe indicar o número de profesores/as que acompañarán o alumnado asistente, o nome do centro, a sesión á que desexan acudir e unha persoa de contacto. A continuación deberán agardar a confirmación por parte do Concello do número de prazas que lle correspondan definitivamente.
Agardo que sexa do seu interese.
Descarga o Dossier informativo de Pelos na lingua.
Ferrol con lingua



