Accións de normalización lingüística do Concello de Ferrol
O Departamento de Normalización Lingüística do Concello de Ferrol impulsa esta web para difundir e dar a coñecer as actividades de promoción da lingua galega.
Manuel Santiago Pérez, concelleiro do grupo municipal do PSG-PSOE, Concelleiro delegado da área de Deportes e Participación Cidadá, en que está integrado o departamento de Normalización Lingüística.
Podes visitar calquera dos nosos apartados e atoparás accións dirixidas ao mundo do deporte, accións para os mercados, ou as accións para a mocidade e o ensino.
Desde o GNL traballamos para buscar unha implicación real dos grupos de traballo, das entidades, das asociacións, das persoas interesadas en participar. Todo isto impulsado desde o Consello Municipal da Lingua, órgano de asesoramento en materia de política lingüística.
Fomentamos a participación en lingua para promocionar e incentivar o uso do galego.
O fomento da lingua desde o GNL nos diferentes ámbitos está orientada polo plan de normalización e polas diferentes avaliacións feitas ao respecto.
A idea, dinamizar o uso de idioma en espazos visibles, estratéxicos, ...
Ferrol con lingua



