Exposición Historia de Galicia

 

 

Exposición Historia de Galicia. A nosa historia ofertada polo Concello de Ferrol coa colaboración da Deputación da Coruña.
 
Os centros de ensino de educación primaria que visiten a exposición deberán concertar a visita previamente.
 
O alumnado destes centros recibirán un exemplar do libro Historia de Galicia. A nosa historia, do escritor e ilustrador Pepe Carreiro, edicións A Nosa Terra. Tamén recibirán unha unidade didáctica para traballar o contido da exposición.
 
Do 2 ao 15 de xuño de 2010 no Centro Cultural de Carvalho Calero.
 
 

 

Máis información

O Concello de Ferrol e a Deputación da Coruña  ofrecen  a todos os centros de ensino non universitario esta exposición didáctica  baixo o título Historia de Galicia, A nosa Historia que procura darlle a coñecer ao   alumnado de  último ciclo de primaria e 1º ciclo de secundaria a nosa historia presentada  de forma rigorosa pero amena e divertida.

 

A exposición  o 2 de xuño e rematará o 15 de xuño, no Centro Cultural Carvalho Calero en horario de 10.30 a 13.30 horas e de 17.00 a 20.00h. As visitas dos grupos de alumnado teñen unha duración estimada de 45’ e desenvolveranse en horario de mañá – 10.30 ,  11.30 e 12.30 e en horario de tarde de  17.00 h.a 18.00 horas

 

Cada alumno  e alumna que visite a exposición co seu centro recibirá un libro de Historia de Galicia, de Pepe Carreiro. Os centros recibirán con anterioridade un libro para o profesorado co fin de que poidan traballar o contido da exposición con anterioridade e unha pequena guía didáctica con preguntas para cada un  dos rapaces que  formen parte do grupo inscrito.

 

Inauguración

A inauguración da exposición  terá lugar o mércores 2 de xullo ás 12.30 horas a cargo do deputado provincial de Benestar Social e Normalización Lingüística Xoan M. Sande Muñiz, e do concelleiro de Participación Cidadá e Normalización  Lingüística,Manuel Santiago Pérez.

Exposición historia