Concurso de receitas En galego, con moito gusto

BASES
1 Poderán participar todas as persoas maiores de idade que presenten unha receita que se corresponderá cunha ou máis das catro modalidades seguintes:
Carne | Peixes | Outros (legumes, verduras, arroces, pasta, etc.) | Sobremesas
2 Poderán participar só persoas físicas e quedan excluídos establecementos de hostalaría: bares, restaurantes, asociacións, etc.
3 A receita presentarase por escrito, redactada en lingua galega, nos mercados municipais de Ferrol, no lugar habilitado polas asociacións de mercados, ou pode enviarse por correo electrónico a gnl@ferrol.es ou na web do Concello de Ferrol, no apartado de Ferrol con lingua. Deberá achegarse o texto da receita (ingredientes e elaboración), os datos da persoa que a presenta (nome, apelidos, enderezo, teléfono de contacto), así como a modalidade en que presenta a súa receita.
4 As receitas deben ser orixinais ou ben adaptación persoal doutras receitas. Non serán válidas as receitas que fosen publicadas anteriormente noutras webs persoais ou en calquera outro medio.
5 O xurado estará composto por un representante de cada unha das asociacións dos mercados municipais, un representante do Concello de Ferrol e dúas persoas designadas pola Asociación de Empresarios de Hostalaría de Ferrol e Comarcas.
6 O prazo de presentación de receitas comeza o 17 de xaneiro e remata o 28 de febreiro de 2011.
7 O Concello de Ferrol editará unha publicación coas receitas seleccionadas, en que deberá figurar o autor ou autora de cada unha delas. Así mesmo, de entre as receitas seleccionadas, o xurado elixirá unha receita gañadora en cada modalidade. Os autores ou autoras das catro receitas gañadoras recibirán un bono por importe de 60 euros para gastar nos mercados municipais e un agasallo.
8 O ditame do xurado comunicaráselles aos gañadores vía telefónica.
Colaboran: Asociacións de Vendedores do Mercado de Caranza
Asociacións de Vendedores do Mercado de Recimil
Asociacións de Vendedores do Mercado da Magdalena
Reactivación da Campaña en galego, con moito gusto
De novo, Neste época do Nadal vanse desenvolver accións de dinamización da lingua que manteñan vivo o espírito da campaña En galego, con moito gusto co obxectivo de dinamizar os mercados e a lingua no día a día.

A finais do curso pasado desenvolveuse no ámbito dos mercados municipais ferroláns a campaña de dinamización lingüística, co fin de facer visible o galego na vida cotiá dos mercados municipais a través de accións amables que supuxesen que o uso do galego fose percibido por vendedores e compradores como algo positivo e que supón beneficios engadidos de todo tipo para os dous. A campaña tivo boa acollida e acadou o obxectivo de dinamizar a vida dos mercados dende a lingua.

NOVAS DATAS DE ACTIVIDADES DA CAMPAÑA
Datas
Primeira fase: do 23 de decembro de 2010 ao de outubro ao 7 de xaneiro de 2010
Segunda fase: do 10 de xaneiro a finais de febreiro
Terceira fase: marzo-abril
Accións principais
-
Animación e entrega de material promocional
-
II Concurso As receitas dos mercados municipais

II Concurso As receitas dos mercados municipais
Convocarase unha segunda edición do concurso de receitas debidamente publicitado a través de volantinas que se farán chegar aos distintos postos dos mercados. As receitas entregaríanse nas urnas dispostas polo Concello nos Mercados. O autor/a da mellor receita, elixida por expertos cociñeiros, nutricionistas, etc. recibirá un regalo por definir. O prazo de presentación das receitas comprenderá desde o 10 de xaneiro ata primeiros de febreiro.
En galego con moito gusto
A campaña En galego con moito gusto, Mercados Municipais de Ferrol xorde para dinamizar os mercados de Ferrol a través da nosa lingua, para darlle vida á lingua galega nos mercados.
Ferrol con lingua



