En galego de película 2011

De novo  presentamos  o ciclo de cine, En galego de película,  para as alumnas e os alumnos dos centros de ensino non universitario, organizado desde o Departamento de Normalización Lingüística do Concello de Ferrol  en colaboración coa Coordinadora de Equipas de Normalización Lingüística.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

A inscrición pódese efectuar desde o 21 de novembro ao 2 de decembro de 2011. Por correo electrónico no enderezo gnl@ferrol.es, por teléfono no 981 944 014/ 981 944 000 ext. 202 e  persoalmente no Departamento de Participación Cidadá e Normalización Lingüística, Casa do Concello, (1ª planta) en horario de oficina, de 08.30 a 14.00 de luns a venres. Para calquera inscrición debemos agardar confirmación.

 

Desenvolverase nas salas do Cine Duplex  os días, 15, 16, 19 e 20  de decembro de 2011. As películas que se proxectarán, con dous pases cada día para os distintos niveis,  son

 

 

 

 

 

A tropa de trapo , recomendada para o alumnado de  educación infantil e 1º ciclo e 2º ciclo de educación primaria,  (duración 85 min),  xoves 15, e venres 16, luns 19 e martes 20   de decembro.

Pradolongo, dirixida ao alumnado da ESO, xoves 15 e venres 16 de decembro (duración 100 minutos).

Crebinsky, recomendada   dirixida ao alumnado de  4º da ESO,  de bacharelato e ciclos formativos (duración 90 min) luns 19 e martes 20 de decembro.

 

En galego de película

 

Películas e datas para este curso 2010 - 2011

Mércores 15 de decembro, O espírito do bosque, Educación infantil e 1ª ciclo de E.Primaria

Xoves, 16 de decembro e venres , 17 de decembro, Pinocho3000, 2ª e 3º ciclo de E.Primaria

Luns,20 de decembro e Martes 21 de decembro, Cargo , ESO

Luns,20 de decembro e Martes 21 de decembro, O concursante, Bacharelato e Ciclos Formativos

Participan máis de 2700 alumnos dos seguintes centros

CEIP Pazos, CEIP Ponzos, CPR Compañía de María, CEIP Isaac Peral, CPR Lestonnac, CPR Ludy, CEIP San Xoán de Filgueira, CEIP Recimil, CEIP Cruceiro de Canido, CPR Mercedarias, CIP Atios, CPR San Rosendo, CEE Terra de Ferrol, CEIP Manuel Masdías, CPR La Salle, CPR Cristo Rey, CPR Valle Inclán, IES Saturnino Montojo, IES Fene, IES As Telleiras, IES Ferrol Vello, IES Canido, IES Fernán Esquío, IES Leixa, IES Rodolfo Ucha

Algo sobre as películas

O espírito do bosque
90min
Director: Juan C. Pena, David Rubín
Un poderoso home de negocios pretender construír unha estrada e  a malvada Sra. D’ Abondo ve a oportunidade perfecta para acabar coa fraga. Os animais teñen que fuxir,pero as toupas Furi e Linda e o rato Piorno non pensan renderse.. E tampouco cebolo, unha toupa asustada, que acaba e chegar á cidade. Cando descobren de que teñen medo a Sra.. D’Abondo, Furi propón “darlle vida” ao Espírito do Bosque.


Pinocho 3000
1 hora 22 minutos
Director: Daniel Robichaud
En P3k, Pinocho 3000, Gepetto consegue, coa colaboración do seu axudante de confianza pingüín-cyborg, Spencer, crear a Pinocho. Pinocho é un robot moi especial, equipado cun procesador P3k único que o dota da poderosa imaxinación dun rapaza. A pesar de que Gepetto acepta de inmediato a Pinocho como a un fillo, o maior desexo do robot é converterse nun neno de verdade. Pero primeiro debe aprender algunhas das calidades necesarias para ser humano de verdade.

 

Cargo
Thriller
90 minutos
Director: Clive Gordon
Reparto: Peter Mullan, Daniel Brühl, Luis Tosar, Samuli Edelmann, Gonzalo Cunill, Luis Castro, Gary Lewis, Carlos Blanco.
Chris é un mozo que gaña a vida viaxando por África. Cando perde o seu pasaporte decide volver a Europa subindo como polisón a un misterioso e enferruxado cargueiro. Pero a situación complícase cando un a un os tripulantes do barco van aparecendo mortos. Thriller rodado entre Barcelona, Galicia e Mozambique.

O concursante
Thriller
90 minutos
Director: Rodrigo Cortés.
Martín Circo Martín, un mozo profesor asociado de Historia dea Economía, acaba de se converter no gañador  do maior premio xamais concedido na historia da Televisión, valorado en máis de 3 millóns de euros en premios de todo tipo
Sen embargo, axiña descobre que ser millonario é caro, e non ten o diñeiro para permitirse os premios. Facenda , pola súa parte, reclámalle a metade das ganancias. Case sen se dar conta, Martín vese nunha trampa sen saída, intentando vender todos os premios que gañou.
Edmundo Figueroa, un vello extravagante e disidente, pode ser a súa última oportunidade de escapar. O concurso acaba de empezar
.

 

En galego de película [2009]

 

Co obxectivo de crear un novo espazo para a lingua -as salas comerciais- ofrecen un ciclo de cine anual con películas específicas para cada nivel de ensino, desde educación infantil ata bacharelato e ciclos formativos. Asisten cada ano aproximadamente 3700 nenos e nenas. En colaboración coa Coordinadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra.

Este foi o programa do ano 2009.

 

Película   Data
O rato Pérez 2   28 e 29 de setembro
Un amor por descubrir   29 e 30 de setembro
Pradolongo   1 e 2 de outubro


Descarga o programa de cine para os centros de ensino.