Distribuímos o libro 55 mentiras sobre a lingua galega

 

O Concello de Ferrol  agasallou no mes de maio aos centros de ensino non universitario co libro 55 mentiras sobre a lingua galega, ferramenta moi útil para traballar os prexuízos lingüísticos nas aulas.
 
Tamén se fixo entrega dun exemplar nas 31 asociacións veciñais con motivo da celebración do Día das Letras. Do mesmo xeito fíxose entrega de exemplares do libro nas bibliotecas municipais.
 
Así mesmo entre os actos da Festa do libro, da lectura e da palabra, organizada polo Concello de Ferrol  a finais de abril, tivo lugar a presentación desta  publicación, o xoves 22 de abril, as 19.00 horas.