As receitas gañadoras do II Concurso de Receitas 2011
O xurado, tras unha difícil selección, acordou que as catro receitas gañadoras son:
Modalidade de carne: Emparedados de carne e queixo, Aurora Varela Caabeiro.
Modalidade de peixe: Rolo de bonito, Adela López Lagares.
Modalidade de outros : Arroz con polbo, Sonia Rodríguez Varela.
Modalidade de sobremesa: Bola de mazá con crema de vainilla, limón e canela, Reyes Rosas Alonso.
Como indicabamos nas bases do concurso, o Concello edita unha pequena publicación que recolle todas as receitas presentadas ; esta publicación presentarase na entrega premios do II Concurso de Receitas En galego con moito gusto, que terá lugar o vindeiro mércores. 18 de maio, ás 18.00 horas no salón de recepcións da Casa do Concello.
Ademais desta publicación para distirbuír entre a clientela dos mercados, editarase tamén un cuadríptico coas catro receitas gañadoras para unha difusión masiva nos mercados.
As persoas premiadas recibirán un lote de libros e un bono de 60€ para gastar en calquera dos dous mercados que colaboran no concurso. Todas as persoas particpantes recibirán como agasallo un libro conmemorativo de Ferrol.
Neste concurso colaboración a Asociación de Vendedores do Mercado de Recimil, a Asociación de Vendedores do Mercado da Magadlaena e a Asociación de E mpresarios de Hostalaría de Ferrol e Comarcas.
Concurso de receitas
Modalidade de carne: Empanada de polo e arroz, de Aurora Varela Caabeiro (Ferrol)
Ferrol con lingua



