Actualidade
Desde Ferrol con lingua queremos destacar as actividades máis relevantes, atractivas ou salientables para a promoción da lingua en Ferrol.
Exposición do XI Certame de Poesía e Imaxe
Quendas das visitas para a Exposición do XI Certame de Poesía a Imaxe. Curso 2010-2011.
A exposición que viaxa polos Centros de Ensino!
En galego de película 2011
De novo presentamos o ciclo de cine, En galego de película, para as alumnas e os alumnos dos centros de ensino non universitario, organizado desde o Departamento de Normalización Lingüística do Concello de Ferrol en colaboración coa Coordinadora de Equipas de Normalización Lingüística.



A inscrición pódese efectuar desde o 21 de novembro ao 2 de decembro de 2011. Por correo electrónico no enderezo gnl@ferrol.es, por teléfono no 981 944 014/ 981 944 000 ext. 202 e persoalmente no Departamento de Participación Cidadá e Normalización Lingüística, Casa do Concello, (1ª planta) en horario de oficina, de 08.30 a 14.00 de luns a venres. Para calquera inscrición debemos agardar confirmación.
Desenvolverase nas salas do Cine Duplex os días, 15, 16, 19 e 20 de decembro de 2011. As películas que se proxectarán, con dous pases cada día para os distintos niveis, son
- A tropa de trapo , recomendada para o alumnado de educación infantil e 1º ciclo e 2º ciclo de educación primaria, (duración 85 min), xoves 15, e venres 16, luns 19 e martes 20 de decembro.
- Pradolongo, dirixida ao alumnado da ESO, xoves 15 e venres 16 de decembro (duración 100 minutos).
- Crebinsky, recomendada dirixida ao alumnado de 4º da ESO, de bacharelato e ciclos formativos (duración 90 min) luns 19 e martes 20 de decembro.
Que dis comercio, que dis hostalaría
Desde o comercio e a hostalaría de Ferrol facemos unha aposta pola atención en galego.
Se ti queres, nós atendémoste en galego.
É o teu dereito, é para nós un pracer.
Esta iniciativa está aberta a todos os establecementos da cidade.
Se desexades sumarvos escribídenos a gnl@ferrol.es.
As receitas gañadoras do II Concurso de Receitas 2011
O xurado, tras unha difícil selección, acordou que as catro receitas gañadoras desta nova edición.
Modalidade de carne: Empanada de polo e arroz, de Aurora Varela Caabeiro (Ferrol)
Modalidade de peixe: Bacallau con mazás, de Reyes Rosas Alonso (Ferrol)
Modalidade de outros: Macedonia de legumes ao queixo, de Sonia Rodríguez Varela (Ferrol)
Modalidade de sobremesa: Brazo de xitano con filloas, de Angeles Teijeiro García (Fene)
Podes descargar o libro de receitas En galego con moito gusto con todas as que se presentaron ao concurso.
O campeón do mundo Javier Gómez Noya fala con nós
En Ferrol fálase é un apartado no que imos colgando entrevistas de persoas que falan da lingua en Ferrol. Cooperamos con eufalo.tv e agradecémoslles desde aquí a súa existencia xa que dan moita vida ao mundo da lingua a traveś da súa canle. Parabéns pola iniciativa!!
Descargar a Ordenanza municipal de normalización lingüística do Concello de Ferrol.
Ferrol con lingua



