A Festa dos Axóuxeres 2010

A Festas dos Axóuxeres achéganos actividades participativas dunha hora de duración que conxugan música, cantigas, teatro e xogo en galego.

Nesta nova edición, o avó de Eli  perdeu o seu caderno, no que garda os debuxos máis bonitos, as cantigas máis fermosas, os xogos máis divertidos, as adiviñas de cando era neno...

Eli vaino axudar a recuperar a súa memoria, e farao coa axuda de Totó , un boneco de cor azul que está a aprender as súas primeiras palabras.

 

No periplo do Avó, de Eli e de Totó na busca do caderno atoparán ovellas, cans, novos amigos... e cantarán cantigas tan populares como A Carolina ou A vaca Marela . Ademais, rirán a cachón e farán xogos do máis diverso.

Os obradoiros que este ano acompañarán a Festa dos axóuxeres estarán centrados na transmisión do afecto, tan importante no desenvolvemento dos bebés: as miradas, os aloumiños, a música e a palabra poden ser vías complementarias para afondar na relación entre pais e fillos.

A festa dos axóuxeres será o 5 de setembro no Pavillón Municipal de Esteiro ás 12.00 horas.

Os obradoiros dos axóuxeres serán na Casa da Xuventude o 17 de setembro. Haberá dous obradoiros, un terá lugar de 17.00 a 17.45. e outro de18.00 a 18.45 horas.

 

A Festa dos Axóuxeres 2009

 
O domingo 5 de setembro celebrouse unha nova edición da Festa dos Axóuxeres no Polideportivo de Esteiro, destinado a nenos e nenas de 0 a 3 anos aínda que tamén podían participar ás súas familias. 
 
A Festa dos Axóuxeres iniciou a súa actividade no ano 2009 para aprender cántigas, brincadeiras e aloumiños, metelos nos petos e levalos para a casa.
 
A Festa dos Axoúxeres é un espectáculo de palabras, arrolos, música, poesía e teatro. O seu obxectivo principal: favorecer a transmisión da lingua galega nos de máis curta idade.